Formada en 1992 na casa ocupada do barrio de Buenavista, neste 2022 Nuevo Catecismo Católico cúmpre 30 anos sobre os escenarios, a mítica banda de punk-rock de San Sebastián ofrecerá concertos en diversos lugares ao longo de 2022 para celebrar o seu 30 aniversario sobre os escenarios. Estes concertos repasarán a súa discografía, incluíndo algunhas das cancións que xa se converteron en himnos do punk-rock, ademais de ofrecer material inédito que acaba de saír coa publicación de tres sinxelos.
Din deles, “que nunca deron un mal concerto e que, nunha imaxinaria universidade estatal de rock, deberían figurar como materia obrigatoria”.