Entradas

Descubrín a música grazas aos discos de Brincos que tocaba a miña tía na súa camioneta e despois mergulleime no espírito da nova onda (que aquí insistimos en chamar «movida«) e no son mod revival. Pero pronto descubrín que era demasiado punk para os mods, demasiado powerpop para os punks, demasiado garage para os novos wavers… E grazas a iso, agora podes escoitar todos eses sons nos meus DJ sets, cunha única premisa ineludible, unha melodía agradable e pegadiza.

Diego de la Church

Diego de la Church traenos rebandas incendiarias de garage punk a 45 RPM, listas para arrasar a cabina e liberar os vicios máis frenéticos e primitivos. Cancións crúas, directas e sen filtro.

Un ritual eléctrico onde reina a distorsión e o instinto toma o control!!

 

Grupo estadounidense de rock and roll  e  hard rock, formado a finais dos 90´s en Atlanta (Georgia) polo cantante de Nine Pound Hammer, Blaine Cartwright.
Un dos seus puntos fortes son os shows en directo, onde intentan recuperar a espectacularidade, enerxía e forza dos clásicos grupos de hard rock, inxectándolles unha energía herdada do punk.

The Lords of Altamont é unha banda de rock de Los Ángeles, California.
A banda mistura os sonidos do garaxe e o rock psicodélico dos anos 60´s co punk rock estadounidense.
Volven ao TouliñaPop festival por segunda vez e con máis gañas que nunca¡¡¡¡

THE JACKETS son guitarras enrabietadas, potentes líneas de baixo e unha batería demoledora, todo isto arropando a unha voz femenina que parece estoupar continuamente contra un muro, sobre todo, cando o grupo de Berna está sobre o escenario; xa que trátase dunha banda que nunca defrauda en directo, ofrecendo o seu potente rock & roll en estado puro, salvaxe e primitivo.