Entradas de] Fernando

Suzie Staysick & Phil Speto (Málaga)

Suzie Staysick e Phil Speto veñen de Málaga con estilos que van dende o punk ata o garage e o power pop, sempre co obxectivo de facer bailar e gozar ao público. Son membros fundadores da Asociación Danzad Malditos Drinkin Dancin Society, e despois dos seus concertos son habituais no Velvet Club, Lemmy Bar e […]

Pizarra Pop (Sada)

PizarraPop ampliarase en 2026 para incluír dúas sesións temáticas, unha para cada formato. Unha sesión de 60 minutos en discos de pizarra de 78 rpm e outra sesión con single/EP de 7″  con beat, yé-yé, garage e outros xéneros de bandas españolas dos anos 60.

El Tigre de Malasia (Ponferrada)

Señoras e señores, directamente do corazón do rock & roll… O Tigre de Malaisia!!! Vinilos afiados como navallas, guitarras flamexantes e un ritmo salvaxe. Preparádevos, porque esta noite o ruxido non é para bailar… é para sobrevivir!

Angel Snap
(Madrid)

Descubrín a música grazas aos discos de Brincos que tocaba a miña tía na súa camioneta e despois mergulleime no espírito da nova onda (que aquí insistimos en chamar «movida«) e no son mod revival. Pero pronto descubrín que era demasiado punk para os mods, demasiado powerpop para os punks, demasiado garage para os novos […]

Diego de la Church (Pontevedra)

Diego de la Church traenos rebandas incendiarias de garage punk a 45 RPM, listas para arrasar a cabina e liberar os vicios máis frenéticos e primitivos. Cancións crúas, directas e sen filtro. Un ritual eléctrico onde reina a distorsión e o instinto toma o control!!  

NASHVILLE PUSSY 
(USA)

Grupo estadounidense de rock and roll  e  hard rock, formado a finais dos 90´s en Atlanta (Georgia) polo cantante de Nine Pound Hammer, Blaine Cartwright. Un dos seus puntos fortes son os shows en directo, onde intentan recuperar a espectacularidade, enerxía e forza dos clásicos grupos de hard rock, inxectándolles unha energía herdada do punk.

THE LORDS OF ALTAMONT
(USA)

The Lords of Altamont é unha banda de rock de Los Ángeles, California. A banda mistura os sonidos do garaxe e o rock psicodélico dos anos 60´s co punk rock estadounidense. Volven ao TouliñaPop festival por segunda vez e con máis gañas que nunca¡¡¡¡

THE JACKETS
(SUIZA)

THE JACKETS son guitarras enrabietadas, potentes líneas de baixo e unha batería demoledora, todo isto arropando a unha voz femenina que parece estoupar continuamente contra un muro, sobre todo, cando o grupo de Berna está sobre o escenario; xa que trátase dunha banda que nunca defrauda en directo, ofrecendo o seu potente rock & roll […]

FUZILLIS
(UK)

The Fuzillis é unha banda de rock and roll instrumental formada en Londres, coñecida polo seu sonido enérxico e bailable que mestura garage rock, surf rock e sonidos selváticos dos anos 60´s. Ideais para troulear, son famosos polos seus directos salvaxes, tolos e cheos de humor.

BRAD MARINO
(USA)

Brad Marino é máis coñecido por ser o cofundador e cantante/guitarrista dos americanos The Connection. Agora sacando discos baixo o seu nome dende 2018, combinando elementos del power pop clásico e o rock and roll de los 50 cun toque de punk do 77. Se eres fan de Flamin’ Groovies, Paul Collins Beat, Dave Edmunds, […]