Grupo estadounidense de rock and roll  e  hard rock, formado a finais dos 90´s en Atlanta (Georgia) polo cantante de Nine Pound Hammer, Blaine Cartwright.
Un dos seus puntos fortes son os shows en directo, onde intentan recuperar a espectacularidade, enerxía e forza dos clásicos grupos de hard rock, inxectándolles unha energía herdada do punk.

The Lords of Altamont é unha banda de rock de Los Ángeles, California.
A banda mistura os sonidos do garaxe e o rock psicodélico dos anos 60´s co punk rock estadounidense.
Volven ao TouliñaPop festival por segunda vez e con máis gañas que nunca¡¡¡¡

THE JACKETS son guitarras enrabietadas, potentes líneas de baixo e unha batería demoledora, todo isto arropando a unha voz femenina que parece estoupar continuamente contra un muro, sobre todo, cando o grupo de Berna está sobre o escenario; xa que trátase dunha banda que nunca defrauda en directo, ofrecendo o seu potente rock & roll en estado puro, salvaxe e primitivo.

The Fuzillis é unha banda de rock and roll instrumental formada en Londres, coñecida polo seu sonido enérxico e bailable que mestura garage rock, surf rock e sonidos selváticos dos anos 60´s.

Ideais para troulear, son famosos polos seus directos salvaxes, tolos e cheos de humor.

Brad Marino é máis coñecido por ser o cofundador e cantante/guitarrista dos americanos The Connection.
Agora sacando discos baixo o seu nome dende 2018, combinando elementos del power pop clásico e o rock and roll de los 50 cun toque de punk do 77.
Se eres fan de Flamin’ Groovies, Paul Collins Beat, Dave Edmunds, Nick Lowe, Ramones o Rolling Stones, esta é a tua mandanga.

Bee Dee Kay Drives The UFOzzz son 5 titáns da escena rockin’ francesa que forman esta banda explosiva que transforma cada concerto nunha abducción rítmica.

Estades listos para a mellor e máis canalla sesión vermú do ano en Galicia!!!