Entradas

Suzie Staysick e Phil Speto veñen de Málaga con estilos que van dende o punk ata o garage e o power pop, sempre co obxectivo de facer bailar e gozar ao público.

Son membros fundadores da Asociación Danzad Malditos Drinkin Dancin Society, e despois dos seus concertos son habituais no Velvet Club, Lemmy Bar e Sala La Trinchera. Cando se coñeceron decidiron xuntarse para compartir discos, tocando nos locais e festivais que máis lles gustan, entre eles o que din que é o mellor, o Touliña Pop.

The Lords of Altamont é unha banda de rock de Los Ángeles, California.
A banda mistura os sonidos do garaxe e o rock psicodélico dos anos 60´s co punk rock estadounidense.
Volven ao TouliñaPop festival por segunda vez e con máis gañas que nunca¡¡¡¡

THE JACKETS son guitarras enrabietadas, potentes líneas de baixo e unha batería demoledora, todo isto arropando a unha voz femenina que parece estoupar continuamente contra un muro, sobre todo, cando o grupo de Berna está sobre o escenario; xa que trátase dunha banda que nunca defrauda en directo, ofrecendo o seu potente rock & roll en estado puro, salvaxe e primitivo.

Brad Marino é máis coñecido por ser o cofundador e cantante/guitarrista dos americanos The Connection.
Agora sacando discos baixo o seu nome dende 2018, combinando elementos del power pop clásico e o rock and roll de los 50 cun toque de punk do 77.
Se eres fan de Flamin’ Groovies, Paul Collins Beat, Dave Edmunds, Nick Lowe, Ramones o Rolling Stones, esta é a tua mandanga.