Señoras e señores, directamente do corazón do rock & roll… O Tigre de Malaisia!!!
Vinilos afiados como navallas, guitarras flamexantes e un ritmo salvaxe.
Preparádevos, porque esta noite o ruxido non é para bailar… é para sobrevivir!
Entradas
Descubrín a música grazas aos discos de Brincos que tocaba a miña tía na súa camioneta e despois mergulleime no espírito da nova onda (que aquí insistimos en chamar «movida«) e no son mod revival. Pero pronto descubrín que era demasiado punk para os mods, demasiado powerpop para os punks, demasiado garage para os novos wavers… E grazas a iso, agora podes escoitar todos eses sons nos meus DJ sets, cunha única premisa ineludible, unha melodía agradable e pegadiza.
(Madrid)

The Lords of Altamont é unha banda de rock de Los Ángeles, California.
A banda mistura os sonidos do garaxe e o rock psicodélico dos anos 60´s co punk rock estadounidense.
Volven ao TouliñaPop festival por segunda vez e con máis gañas que nunca¡¡¡¡
(USA)

The Fuzillis é unha banda de rock and roll instrumental formada en Londres, coñecida polo seu sonido enérxico e bailable que mestura garage rock, surf rock e sonidos selváticos dos anos 60´s.
Ideais para troulear, son famosos polos seus directos salvaxes, tolos e cheos de humor.
(UK)

Brad Marino é máis coñecido por ser o cofundador e cantante/guitarrista dos americanos The Connection.
Agora sacando discos baixo o seu nome dende 2018, combinando elementos del power pop clásico e o rock and roll de los 50 cun toque de punk do 77.
Se eres fan de Flamin’ Groovies, Paul Collins Beat, Dave Edmunds, Nick Lowe, Ramones o Rolling Stones, esta é a tua mandanga.
(USA)





