Entradas

Membro do club AT THE CLUB con sede en Donostia e actualmente coorganizador do Gasteiz Soul& Reggae Weekender. Coorganizou o For Your Love Weekender en 2015 en Donostia e é activista en clubs e eventos.
Recoñecido DJ na escena dos 60 e Mod Rallyes, tocando nos mellores clubs e fins de semana de Europa durante case dúas décadas.

Descubrín a música grazas aos discos de Brincos que tocaba a miña tía na súa camioneta e despois mergulleime no espírito da nova onda (que aquí insistimos en chamar «movida«) e no son mod revival. Pero pronto descubrín que era demasiado punk para os mods, demasiado powerpop para os punks, demasiado garage para os novos wavers… E grazas a iso, agora podes escoitar todos eses sons nos meus DJ sets, cunha única premisa ineludible, unha melodía agradable e pegadiza.

Vascos misturando  pinceladas de rock & roll, garaxe, punk e incluso psicodelia… a festa, a nocturnidade e o humor forman parte das súas letras e a súa esencia.

Troula  asegurada e  enerxía  infinita no esceario¡¡¡

Eskerrik asko a tod@s.

Estes valencianos, cunha  Front Girl  demoledora,  levarante  ao  lado máis salvaxe do punk rock setentero. Isto  podes imaxinalo máis dunha  vez  na túa cabeza  ou soñalo tódalas noites…. ou podes  vir  ao TouliñaPop  a experiméntalo  ao vivo; e despois poder decir: “Eu estiven alí , no TouliñaPop,  vendo aos  Deaf Devils”.

Grupo de garaxe  xaponés/español, con sede en Madrid e de concertos enérxicos, crudos e cargados de fuzz.

Ninguén sabe como pode rematar un concerto de Thee Braindrops  o que si sabemos é que é un desmelene total.

FUZZ  OU MORTE!!