Entradas

A historia de The Peawees remóntase a La Spezia (Italia) alá polo 1995, cando se xuntan 3 adolescentes e publican un álbum de debut, claramente influenciado polo punk rock. Dende entón, a banda xirou por USA, UK e Europa e publicaron discos en varios selos de distintas partes do mundo. The Peawees son considerados na actualidade un dos millores grupos da escena europea do rock ‘n’ roll.
“The Peawees son una de las bandas más potentes de rock ‘n’ roll con la que hemos tocado. Hazte un favor. Si The Peawees tocan alguna vez cerca de donde estés, no te los pierdas. ¡Son una gran banda que te volará la cabeza!”. Rob Lind (The Sonics).
Levan activos máis de 20 anos nos cales non cesaron de contaminar o seu son có mellor punk, rock n roll, garaxe, rock, soul e rhythm ‘n’ blues.
Compartindo escenario con grandes lendas como The Damned, The Sonics, The Dictators, Radio Birdman, The Dwarves, Bad Religion e moitos máis…La formación actual está formada por Hervé Peroncini (también en Nikki Corvette and The Romeos), Carlo Landini, Fabio Clemente y Tommy Gonzalez (ex Nick Curran and the Lowlifes).

 

Lie Detectors é un grupo de Donosti formado por Txema (voz,maracas), Urko (Batería), Txiki (bajo,coros) e Eneko (guitarra,coros).
Non son novos nisto do rock e proceden doutras bandas como Nuevo Catecismo Católico, Muturbeltz , Dirty Pink Ladies, Fiebre de Vivir, Teen Dogs ou Plan B.
A súa música e unha tremenda mezcla de rock and roll, garage e punk, auténticas descargas de rock’n’roll enérxetico, simple e directo, incendiaria combinación de voz, guitarras e sección rítmica, enormes cancións que se pegan o teu cerebro, disparan a adrenalina e te fan mover sen descanso.
Entres as súas influencias poden estar grupos coma The Prisioners, MC5, Real Kids, Pretthy Things, Dr. Feelgood, Nine Below Zero, Moris…
As súas letras falan de pinchar discos, buscar a felicidade, as festas nocturnas, a rúa…

Esta coruñesa agora afincada na cidade de Málaga, volve o noso concello despois dunha exitosa actuación o ano pasado. Susana e unha persoa inqueda en tódolo referente ó mundo do rock & roll e as súas variantes, e como amante das rarezas e do xerminal, impregna a súas actuacións con cancions que van do visceral o máis suxestivo sen perder pinga de xenialidad e elegancia. Unha relación de temazos que non deixaran a ninguén indiferente.

Unha das nosas primeiras socias da Asociación Cultural TouliñaPop,que sempre que a chamamos e a primeira en ofrecerse a colaborar con nós.
Imos tomalo café musical máis xenial do mundo ¡¡¡¡