Suzie Staysick e Phil Speto veñen de Málaga con estilos que van dende o punk ata o garage e o power pop, sempre co obxectivo de facer bailar e gozar ao público.
Son membros fundadores da Asociación Danzad Malditos Drinkin Dancin Society, e despois dos seus concertos son habituais no Velvet Club, Lemmy Bar e Sala La Trinchera. Cando se coñeceron decidiron xuntarse para compartir discos, tocando nos locais e festivais que máis lles gustan, entre eles o que din que é o mellor, o Touliña Pop.