Esta imparable máquina de rock’&’roll grind-a-gogo formouse en Londres a finales do 2014. Caracterízanse pola gran enerxía do guitarrista Sr. Dan Martin,
polos gruñidos do saxo de Thomas “T-Mag” Maguire, os estruendosos ritmos selváticos de Wilco “The Hammer” Van Eijk e os tonos graves do baixo de Mr Frankie Fuzili.

Mesturan un atómico coctel de rock & roll o Link Wray e as melodias máis tolas de Las Vegas Grindcun cun chupito de Grady Gaines dos Upsetters, máis unha pizca de The Fabulosos Wailers e unha rebanada de Nick Curran e todo cuberto coas melodias máis bailongas, salvaxes e fiesteras do Planeta Terra.