The Neatbeats son probablemente a mellor banda de Rhythm ‘n’ Beat do planeta. Surdiron en 1997 en Osaka e levan publicados nove LP´s.
A súa inmensa capacidade como instrumentistas lles fai poder tocar diferentes palos prácticamente sen despeinarse, pasando do beat máis contaxioso ao twist and roll máis salvaxe; unha maquinaria perfecta de festa e diversión. Os seus directos son unha festa continua, arrolladores dende o primer acorde saben cómo gañarse ao público nun intre, rápidos e efectivos como poucos.Case prepunk, en directo saen a escea como pinceis beatlenianos: entallados traxes con chaleco e corbata, botines, pelo engominado…
Rock and roll kamikaze na estela dos Hi Risers que nos recorda a Chuck Berry, Beatles, Elvis, Jerry Lee Lewis, Little Richard.