Entradas

Pat Todd & the Rankoutsiders é unha banda de punk rock con sede en Los Ángeles, California. O grupo foi fundado por Pat Todd, o  ex cantante principal da mítica banda de punk rock Lazy Cowgirls.

Unha honra e un privilexio poder escoitalos e disfrutalos  no TouliñaPop festival 2024.

É o grupo  italiano máis dinámico, enerxético e bailable ao cento por cento¡¡¡¡ cheo de rock ad roll, garaxe e twist.  Os seus concertos transformanse nunha party total chea de loucura e desenfreno.

Vivan os nosos KINGS favoritos¡¡¡¡¡

Mete nunha coctelera á millor música negra, rhythm & blues, soul, un pouco de country, outro pouco de garage, unha pizca de punk, sen olvidar un pouco de cervexa fría, e terás a Los Chicos, unha banda formada en Madrid no cambio de século.

Tras anos pateándose escenarios sen parar, tanto en salas como en festivais, tanto en España como en gran parte de Europa e Australia, se han convertido nunha das bandas de rock & roll máis importantes e respetadas do continente.

 

Sex symbols do rock’n’roll dende as Rías Baixas, The Bo Derek’s son o resultado de xuntar a Oscar Avendaño (Siniestro Total, Los Profesionales, Reposado) á voz e guitarra cos  irmans Lorre  – Jorge Lorre e Rufus o Guarro  (Los Wavy Gravies, The Allnight Workers…) baixo e batería respectivamente, para dar saída a súa vertente máis pub-rockeira e salvaxe;  rock’n’roll en castelán para divertirse, beber e bailar.

Ollo co arranque do Touliñapop festival 2024 vaia  sesión vermú que nos espera (mi madriña).

Vide a Sada con enerxia e con ganos de bailar e saltar  moz@s ¡¡¡¡¡¡¡¡