Entradas

A historia de The Peawees remóntase a La Spezia (Italia) alá polo 1995, cando se xuntan 3 adolescentes e publican un álbum de debut, claramente influenciado polo punk rock. Dende entón, a banda xirou por USA, UK e Europa e publicaron discos en varios selos de distintas partes do mundo. The Peawees son considerados na actualidade un dos millores grupos da escena europea do rock ‘n’ roll. “The Peawees son una de las bandas más potentes de rock ‘n’ roll con la que hemos tocado. Hazte un favor. Si The Peawees tocan alguna vez cerca de donde estés, no te los pierdas. ¡Son una gran banda que te volará la cabeza!”. Rob Lind (The Sonics). Levan activos máis de 20 anos nos cales non cesaron de contaminar o seu son có mellor punk, rock n roll, garaxe, rock, soul e rhythm ‘n’ blues.
Compartindo escenario con grandes lendas como The Damned, The Sonics, The Dictators, Radio Birdman, The Dwarves, Bad Religion e moitos máis…La formación actual está formada por Hervé Peroncini (también en Nikki Corvette and The Romeos), Carlo Landini, Fabio Clemente y Tommy Gonzalez (ex Nick Curran and the Lowlifes).

MFC Chicken, formado en 2010 nunha lúgubre tenda de polo frito en Holloway Road, toca cancións de rock and roll en bruto e impulsadas polo saxo sobre comida rápida e corazóns rotos.
Se che gusta bailar pero odia a música contemporánea… se estás desesperado por escoitar o rock’n’roll ás súas raíces… se tes fame do prato máis graxo do menú de baile rhythm and blues, entón definitivamente estás preparado para o son indescriptible e imparable de MFC Chicken, o mellor da terra!

 El Señor que te molesta é garaxe punk, é guerrilla e diversión en formato cuarteto, presentando en directo o seu derradeiro disco: «Buena idea idiota». Por primeira vez en Galicia!! Prepárate para disfrutar da sensación musical do ano!!!!