Os Stompin’ Riffraffs son habituais da escena underground de Tokio, mesturando todos os elementos gloriosos do rock and roll en directo. Sen edulcorantes nin engadidos, salvaxismo controlado como só as bandas xaponesas saben transmitir no escenario.
Rie (baixo), Miku (teclado, theremin) e Saori na batería, Nao (guitarra e voz) lidera a cerimonia co seu Gretsch ben afiado para golpear os tímpanos ata que quedes noqueado dende a primeira rolda.
(Xapón)


